SABÍAS QUE...? O SON DA NATUREZA


 ...o son da auga (mellor natural, aínda que en composicións musicais que  emulan este son tamén funciona) ten moitos beneficios para o noso organismo? 


- Produce un efecto de calma 🙌💆, especialmente mental, en  estados negativos como a ansiedade ou o estrés😖😥.

- Axuda a calmar as dores🤕.

- Mellora o estado de ánimo 🤗 e a calidade do sono😴.

- Incrementa o rendemento cognitivo👩‍💻👨‍💻.

📝Un estudio realizado pola Universidade de Michigan en EEUU analizou os sons de 68 parques naturais. Compararon os sons producidos pola natureza, entre eles o do movemento da agua, cos sons producidos polos humanos. Comprobaron que a exposición a sons naturais coma o son da auga ao fluir poden mellorar a saúde e aumentar a sensación de benestar ao axudar a reducir o estrés e a ansiedade.

✅¿E se non podemos desfrutar a diario destes sons na vida real?😥 
Aínda non sendo o mesmo😌, non é mala opción agregar á nosa "playlist"🎶 composicións musicais do son do mar🌊 para tratar de manter a nosa mente a raia e en paz✌️🏳️. 

📔Referencias bibliográficas:

Buxton, R. T., Pearson, A. L., Allou, C., Fristrup, K., & Wittemyer, G. (2021). A synthesis of health benefits of natural sounds and their distribution in national parks. Proceedings of the National Academy of Sciences of the United States of America, 118(14), e2013097118.

 https://doi.org/10.1073/pnas.2013097118

Comentarios

Entradas populares de este blog

AS NOSAS DEPORTISTAS NO 8M

CALENDARIO DE ADVIENTO SALUDABLE